Integración social e laboral en Galicia
Fomentamos accións que promovan a convivencia, a inserción profesional e a integración social de persoas migrantes e vulnerables.
De todos os mares, a este mar.
Quen somos?

Galicia Inmigración é unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, que nace da vontade dos seus impulsores de crear unha institución de boas prácticas, onde a poboación migrante dispoña de procedementos claros e adecuados que permitan a súa integración nas zonas de acollida.
Estamos orientados á xestión ordenada e eficiente dos fluxos migratorios.
Traballamos para que a poboación migrante poida acollerse a programas e procedementos legais para integrarse mediante accións de formación e mediación para o emprego.
Asociación inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social e Igualdade (número E-7867):
- Categoría
- Iniciativa social
- Área estratéxica de actuación
- Inclusión
- Ámbito xeográfico de actuación
- Autonómico
Un país que envellece e postos que ninguén cobre
Existe unha necesidade urxente de articular programas para a integración social e laboral de persoas migrantes e vulnerables.
A Unión Europea fomenta e apoia a acción dos Estados membros para a integración dos nacionais de terceiros países que residan legalmente no seu territorio.
- Hostalería
- Construción
- Coidado de persoas
- Transporte
- Madeira
- Pesca
- Loxística
- Agricultura
- Gandería
- Servizos
España envellecemento da poboación
Galicia envellecemento e dispersión
É posible proporcionar formación básica profesional, orientación laboral e cobertura social para facilitar a súa integración, grazas ao Real Decreto 629/2022.
Real Decreto 629/2022
Real Decreto 629/2022, do 26 de xullo, polo que se modifica o Regulamento da Lei Orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, tras a súa reforma pola Lei Orgánica 2/2009, aprobado polo Real Decreto 557/2011, do 20 de abril.
O novo Regulamento de estranxeiría consta de tres eixos:
- A formación
- O emprego
- A familia
Que facemos?
Analizamos as necesidades de cada sector produtivo e impulsamos cursos de formación específicos para cada especialidade, con compromiso de mediación para o emprego, asesoramento e xestión dos trámites administrativos que necesita a persoa migrante para incorporarse ao mercado de traballo. Tamén facilitamos a cobertura social que precise durante o seu proceso formativo.
Formación
Orientación e capacitación laboral adaptada a cada sector.
Ver máis →Asesoramento
Atención xurídica, dereitos e deberes e integración social.
Ver máis →Xestión
Trámites e acompañamento en cada etapa.
Ver máis →Formación
- Formación específica e continua, mediante recursos propios ou externos a través de convenios de colaboración.
- Aprendizaxe de idioma.
- Intermediación laboral.
- Orientación laboral.



Asesoramento
- 01Atención e asesoramento xurídico.
- 02Accións de integración social nos municipios ou zonas de acollida.
- 03Información e asesoramento sobre dereitos e deberes da poboación migrante.
- 04Fomento do asociacionismo da poboación migrante.
- 05Asesoramento nos países de orixe.
- 06Accións con mozos e menores non acompañados.
- 07Accións de formación e sensibilización para mulleres migrantes: violencia de xénero, trata de persoas, abusos laborais…
- 08Accións para o acceso a un aloxamento digno e para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
- 09Accións de prevención do racismo, a explotación laboral e a trata de seres humanos.
- 10Creación de espazos de interlocución entre a poboación migrante e a poboación de acollida.
Compromiso
Traballamos para lograr un cambio social na poboación migrante: pasar dun escenario no que se demandan recursos sociais a outro onde se logra a súa integración social e laboral nas zonas de acollida.
Programas
Formación
- Formación para o arraigamento e microcredenciais.
- Capacitación laboral en diferentes sectores produtivos.
- Oficios tradicionais.
Formación complementaria
- Prevención da violencia de xénero.
- Espazos de interlocución sobre violencia de xénero.
- Accións de sensibilización sobre igualdade e acoso (acordos con empresas, concellos e ONG).
- Aprendizaxe de idioma.

Intermediación laboral con empresas
- Coñecer as necesidades e orientar a selección e formación de migrantes.
- Xestión da Orde GECCO para a contratación en orixe.
Xestión de documentación
- Arraigamento: directo, para a formación, laboral, social e por circunstancias excepcionais.
- Adaptación e homologación mediante formación en terceiros países.
- Adaptación e tramitación dos diferentes tipos de contratos segundo o sector, a actividade (ciclo produtivo) e as circunstancias da persoa.

Aloxamento digno
- Rede de albergues e aloxamentos para persoas migrantes en proceso de formación e inserción e para menores non acompañados.
- Construción e rehabilitación de vivendas dignas para persoas temporeiras, para o seu uso durante as campañas e para uso continuado.
- Intermediación especializada entre empresas que acollen migrantes e arrendadores para dispoñer de vivendas para traballadores migrantes.

De todos os mares, a este mar.
